Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O colexio A Nosa Señora do Pilar de Foz vai celebrará o Entroido

Por 20 Febreiro, 2020Sin comentarios

Nas datas do Entroido e colexio A Nosa Señora do Pilar de Foz vai celebrar esta festividade o venres 21 de febreiro.

Este ano o motivo dos disfraces xirará ao redor da temática do mundo animal. Neste curso continuarán co formato que introduciron en cursos pasados, pois parece ser que é do agrado da maioría, tanto alumnado como familias e persoal docente

O percorrido volverá a ser polas rúas principais, tanto pola avenida da Mariña como pola rúa Álvaro Cunqueiro. Acompañarán durante todo o percorrido o grupo de rapaces e responsables da Asociación Asistencial de Discapacitados Virxe do Carme e nunha parte do traxecto alumnado e persoal docente da Gardería Nosa Sra. da Purificación

O programa e o itinerario comezará ás 11.30 horas co desfile polas rúas de Foz saindoda do colexio Dámaso Alonso, para despois ter un xantar todos xuntos no pavillón.

Aqueles alumnos que non se queden habitualmente no comedor poden facelo este día entregándolle 4 euros ao titor. Se algún vai comer ao seu fogar marchará ao redor das 13.00 horas.

Contarán tamén con música e festa rachada, e ás 16.00 horas e por xentileza da ANPA, todos os rapaces poderán desfrutar dunha gran chocolatada con doces. Igual que no curso pasado haberá tamén chocolate para todas as familias que estean connosco.

Así mesmo, lembran que segundo o calendario escolar 2019/2020 o mércores 26 de febreiro (mércores de cinza) é considerado día non lectivo, polo tanto a reincorporación ás clases será o xoves 27 de febreiro.